Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alberto Canal achégase até Auschwitz na súa nova novela

Premio Xerais en 2008, o escritor ourensán acaba de publicar 'O amor nos escuros días de Birkenau'

Era posible o amor en Birkenau? É gran pregunta que asaltaba ao perruqueiro berlinés Thomas Münch cada vez que visitaba a fábrica de munición de exterminio de Auschwitz para cortarlle o cabelo ás presas. O escritor Alberto Canal (Casal de Maus-Ourense, 1967) conta a súa historia na súa segunda novela, O amor nos escuros días de Birkenau (Xerais, 2016), que presentou días atrás en Compostela. Despois dunha década como xornalista na prensa escrita, actualmente dirixe o departamento de Comunicación de Caldaria. En 2008 publicou a súa primera obra, Conexión Tubigan, finalista do Premio Xerais dese ano e do San Clemente de 2009.

21 nov 2016 / 16:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito