Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alberto Ramos álzase co premio de novela Manuel García Barros

A súa obra 'Máscaras rotas para Sebastian Nell' convenceu o xurado // "É unha satisfacción", di

O xornalista e escritor compostelán Alberto Ramos alzouse onte coa vixésimo sexta edición do premio de novela Manuel García Barros pola súa obra Máscaras rotas para Sebastian Nell. O xurado, composto por Inma Otero, Carlos González, Armando Requeixo, Luis Alonso e Carlos Loureiro, acordou por maioría conceder este galardón literario, promovido polo Concello de A Estrada, á obra que o escritor e xornalista santiagués presentou baixo o título de Sebastian Nell.

Deste traballo, o xurado salientou a "capacidade para xunguir distintos tipos de escrita que conxugan o narrativo co xénero da entrevista". Así, baixo esta fórmula, o autor introduce ao lector "nunha poderosa historia protagonizada por un actor inglés nas súas derradeiras horas que lembra os seus días, cheos de luces e sombras, diante dunha xornalista coa que mantén unha longa interview". Polo camiño, vai aboiando todo un mundo de "miserias persoais e profesionais, de envexas e iras que tracexan un retrato intenso e non sempre agradecido do dífícil universo do teatro e o espectáculo británico", reza o fallo do xurado.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

17 jul 2014 / 21:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito