Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
elos de lectura

Álbum para nenos e adultos

A obra ‘Grazas,’ de Isabel Minhós Martins con ilustracións de Bernardo Carvalho, promove o diálogo, a descoberta e a reflexión

Grazas é un dos primeiros álbums de Isabel Minhós e Bernardo Carvalho publicados en Portugal pola editorial Planeta Tangerina, distinguida co Premio BOP, en Boloña, para a Mellor Editora Europea. Neste ano Kalandraka ofrece a tradución ao galego, unha mostra do bo criterio que a caracteriza.

No álbum pártese da visión infantil do mundo para recrear a realidade desde o punto de vista inxenuo e inocente dun neno que aprende coa observación e cos consellos das persoas máis influintes na súa vida. Son elas, adultos e nenos, que permiten crear unha imaxe multifacética da realidade, dando conta das variacións, ás veces contradicións, que a caracterizan.

Cunha arquitectura paralelística, onde cada conxunto de dúas páxinas simples establece un diálogo entre si, propondo dúas perspectivas diferentes sobre o mundo, o libro explora un conxunto amplo de conceptos e valores abstractos, como o tempo, a amizade, o medo, a persistencia, a beleza, as regras, os soños, os divertimentos, os afectos ou o crecemento.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

18 oct 2013 / 18:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito