Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O ALCALDE ACOMPAÑA A ANDRÉS QUINTÁ NA COMIDA DE NADAL DA EMPRESA EXTRUGASA

A xuntanza reuniu en Campaña a unhas 180 persoas, entre directivos, traballadores e colaboradores // Festexaron a boa traxectoria da compañía durante o ano que está a piques de rematar

O alcalde, José María Bello Maneiro, asistiu este mediodía á tradicional comida de Nadal de Extrugasa, que reuniu nas instalacións da fábrica de Campaña a directivos, traballadores, colaboradores e outros achegados da empresa, a de maior envergadura de Valga tanto en superficie como en número de empregados.

Na xuntanza tamén participaron o tenente alcalde, Román Castro, e o concelleiro Pedro Calvo. En total reuníronse unhas 180 persoas, algunhas chegadas dende Salamanca, Barcelona e outros puntos da xeografía española nos que Extrugasa ten intereses empresariais e comerciais.

Degustaron produtos da terra coma mexillóns, empanada e carneiro ao espeto para fesgexar a boa traxectoria da empresa durante o ano que está a piques de rematar.

21 dic 2019 / 09:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito