Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 16 julio 2020
02:00
h

O alcalde entrega os billetes a trinta e cinco valgueses que viaxan a Benidorm co Imserso

Gozarán dunha estancia de quince días na cidade alicantina // O Concello subvenciona a viaxe e faise cargo do desprazamento ao aeroporto

O alcalde, José María Bello Maneiro, e unha traballadora do departamento de Servizos Sociais do Concello fixeron entrega dos billetes de avión aos valgueses que viaxarán a Benidorm co programa de turismo social do Imserso, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

Serán 35 os veciños que gozarán dunha estancia de quince días (catorce noites) na cidade alicantina, con saída o próximo 4 de abril e regreso o día 18. O Concello, como é habitual, farase cargo do desprazamento en autobús dos viaxeiros ata Lavacolla e o regreso dende o aeroporto a Valga. Ademais do transporte, a administración municipal tamén subvenciona as viaxes a través dun convenio co Imserso.

Este é o grupo máis numeroso de todos os que participan nesta edición do programa, a través do cal 50 persoas do municipio están a viaxar a distintos destinos do territorio español. O pasado 11 de marzo outros seis valgueses puxeron rumbo a Roquetas de Mar, estancia da que regresan na xornada de hoxe. E a finais de maio, serán nove os veciños que se despracen a Tenerife durante oito días.

O programa de turismo social do Imserso é unha iniciativa de envellecemento activo que ofrece ás persoas maiores estancias en zonas de costa e turismo de interior, contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida e a previr a dependencia. Os servizos que inclúe o programa son aloxamento en réxime de pensión completa, transporte de ida e volta, póliza de seguros colectiva, servizo médico e actividades de animación socio-cultural.

20 mar 2019 / 14:30
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito