Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alfredo Conde: “A min, moito máis que ser escritor, o que de verdade me gusta é escribir”

O vindeiro martes día 17 presentará en Bertamiráns o seu último libro, titulado ‘Chovida do ceo’ // “Saltar de un xénero a outro axuda a non me encasillar e mesmo a que non me clasifiquen”

Alfredo Conde é colleita de 1945. Alaricano afincado en Brión, presenta o seu último libro, Chovida do ceo, (Xerais 2014).Ten compartido épocas co Marqués de Sargadelos, María Pita, e agora, nas rúas compostelás, co comisario Andrés Salorio. Ten moito de razón cando afirma ser o galego que viviu en máis vidas. Alfredo Conde segue a levar unha alegría cada vez que publica un novo libro e sobre todo, confésase lector impenitente. Ese segue a ser o mecanismo que tira do seu oficio de escritor. A presentación terá lugar o vindeiro día 17 na cafetería Ferlós de Bertamiráns as oito do serán.

No seu currículum como creador asínanse dúas facetas principais, a de novelista e a de columnista. Cómo conxuga ambas?

Con certa dificultade. O labor de columnista que escribe a cotío, sen fallar nin unha soa vez dende hai vintecatro anos, descansado del tan só tres días ó ano -os tres nos que non sae o xornal- é algo un pouco traballoso... do que aprendes moito, a forza de exercelo. Antes era eu moi discursivo, moi amigo das digresións nas novelas e agora sono ben menos. Coido que o lector agradéceo, cando menos ese lector medio que todos din que hai que buscar e que é unha afirmación da que eu non estou moi convencido.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

13 jun 2014 / 21:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito