Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alfredo Conde presenta mañá o seu último libro no Pazo da Peregrina

    Ames. O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle mañá, ás oito e media da tarde, a presentación de Homes de ferro, novela escrita por Alfredo Conde e publicada pola Editorial Ézaro.

    A obra trata a peregrinación por mar dende Irlanda a Compostela e forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta, co que se busca potenciar o patrimonio cultural vinculado ao Camiño de Santiago. A entrada ao evento é de balde ata completar aforo.

    En dita presentación acompañarán ao autor, Alfredo Conde, o alcalde de Ames, Jose Miñones; a concelleira de Cultura, Natividade González; o profesor e tradutor, Xosé Antonio López Silva; o presidente de Buxa, Manuel Lara; e mailo editor, Alejandro Diéguez.

    Homes de ferro é a historia de catro persoas que no ano 2014 optan por construír unha embarcación tradicional coa que viaxar dende Dublín a Compostela. A bordo do bote Naomh Gobnait, os catro protagonistas realizaron unha travesía ininterrompida de 2.500 quilómetros ao largo de tres longos anos.

    O autor recoñece que, aínda que os feitos se corresponden totalmente coa realidade, optou por deixar voar a súa imaxinación e evocar á súa experiencia como mariñeiro para escribir a historia.

    Ademais, recalca que esta viaxe non sería posible se os mariñeiros foran mozos, porque segundo el, é necesaria a calma que dan os anos para convivir nunha embarcación así durante tanto tempo.

    03 mar 2020 / 21:49
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito