Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

'Alicia' ten unha nova tradución galega que olla ao lector adulto

Xavier Queipo é o autor desta versión do clásico de Carroll, saída do prelo de 'El Patito Editorial'

Dos múltiples significados latentes en Alicia no país das marabillas, das diversas lecturas que alentan na novela de Lewis Carroll e da taxonomía psicolóxica duns personaxes que cumpren 150 anos de vida falaron onte na Libraría Couceiro de Santiago os responsábeis da nova tradución deste clásico da literatura universal, publicado agora por El Patito Editorial no sesquicentenario da obra. O editor e ilustrador Fausto Isorna, o tradutor e escritor Xavier Queipo e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, debullaron as razóns polas que -como sinalou Valentín García- "todas as traducións habidas e por haber enriquecen calquera sistema literario". Isorna abondou tamén nesa idea. "Somos francotiradores e procuramos, nos nosos libros, ademais do valor cultural, crear artefactos fermosos. Non facemos libros pensando se son necesarios ou non. Tentamos apenas facer os libros que nos gustan", sinalou.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

29 dic 2015 / 22:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito