Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O ALUMNADO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL VISITA O BELÉN ARTESANAL

Participaron na excursión unha trintena de nenos de 2 e 3 anos de idade // Quedaron abraiados coa montaxe, especialmente coa zona infantil na que aparecen moitos personaxes de debuxos

Unha trintena de alumnos de 2 e 3 anos da Escola Infantil Municipal saiu de excursión esta mañá para visitar o Belén Artesanal en Movemento.

Os pequenos ficaron abraiados coa montaxe e coa cantidade de figuras e escenas que aparecen representadas.

Gustáronlles especialmente detalles como a noria xigante, os Reis Magos e, por enriba de todo, a zona infantil do nacemento na que aparecen alguns dous seus personaxes de debuxos favoritos.

O Belén Artesanal pechou o pasado domingo a súa edición de maior éxito e na que superou todos os rexistros de afluencia, pero ata o mes de setembro aínda pode ser visitado por grupos organizados previa concertación de cita no teléfono 630 95 25 15.

19 ene 2020 / 12:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito