Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O alumnado dos cursos de lingua e cultura galegas coñece a Real Academia

O presidente da institución, Víctor F. Freixanes, falou das funcións da RAG

    Santiago. O alumnado dos Cursos de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras coñeceu onte a Real Academia Galega (RAG) e a súa historia da man do presidente da institución. Víctor F. Freixanes impartiu a conferencia inaugural da trixésimo segunda edición destes encontros, organizados desde 1988 pola Academia en colaboración co Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago. O responsable da RAG deulles a benvida aos setenta estudantes matriculados nesta edición, procedentes de máis de vinte países de Europa, América, África e Asia, e explicoulles as funcións da Academia.

    Freixanes presentoulles tamén as distintas ferramentas dixitais da Academia para profundar no idioma de Galicia, entre as que destacan o Dicionario en liña e a súa aplicación para móbiles e tamén o Portal das Palabras.


    PROCEDENCIAS Os 70 estudantes dos XXXII Cursos Galego sen fronteiras proceden de Rusia, Finlandia, Hungría, India, Irán, Madagascar, Romanía, Alemaña, Arxentina, Austria, Brasil, Cuba, República Checa, Inglaterra, Gales, Estados Unidos, Polonia, Italia, Portugal, Venezuela e distintas comunidades autónomas de España.

    04 jul 2019 / 20:58
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito