Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alvarellos edita as memorias do político pontevedrés José Rivas Fontán

    O xornalista Adrián Rodríguez presentará o próximo 23 de maio en Potevedra o seu libro 'Solo Rivas Fontán', editado por Alvarellos e que recolle as memorias do histórico político pontevedrés José Rivas Fontán.

    A obra, que leva por subtítulo 'Memorias dun político lonxe do rabaño', recolle a historia dun "dos políticos imptescindibles para entender a historia recente de Pontevedra e a Transición política en Galicia e España" a través de 350 páxinas nas que Rivas Fontán "leva a cabo un exercicio de sinceridade abafadora".

    A obra chegou a inicio deste mes ás librarías galegas e pode adquirirse tamén a través da páxina web de Alvarellos Editora. Tras a presentación oficial, que terá lugar o 23 de maio no Teatro Principal de Pontevedra, distribuirase por librarías de toda España.

    Ademais da propia narración, o libro complétase cunha selección de medio centenar de imaxes que resumen o máis visual da traxectoria política de Rivas Fontán.

    12 may 2016 / 11:03
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito