Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alvarellos sitúa a Galicia entre as “pioneiras” en ver nacer a fotografía

O editor recupera, coa publicación dunha serie postal, a figura de Andrés Cisneros

Santiago. Unha serie de dez imaxes datadas en 1858, agora reconvertidas en postais, constitúen a proba máis fidedigna de que Galicia foi unha das “pioneiras” en ver nacer a fotografía. Así polo menos o considera Quique Alvarellos, director da editorial que leva o seu apelido, quen nunha entrevista con Efe sostén que “son un documento visual único, xa que nesa época a fotografía levaba moi pouco tempo inventada”.

Trátase dunha decena de instantáneas pertencentes a unha serie fotográfica dun artista local, natural do barrio de Sar, e cuxo nome era Andrés Cisneros, coetáneo doutros ilustres nomes como Mathew Brady ou Roger Fenton.

Estas imaxes históricas son un material “singular”, agora a disposición de todo o mundo, onde se reflicten espazos cotiáns da cidade de Santiago pero desde outra óptica.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

07 ago 2014 / 22:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito