Ames habilita o teletraballo a sesenta empregados
A veciñanza pode presentar escritos ou reclamacións a través da sede electrónica
Co obxectivo de avanzar na tramitación de expedientes nestos momentos de confinamento, o goberno amiense habilitou o teletraballo para sesenta traballadores municipais. "O persoal pode acceder de xeito remoto ao seu equipo de traballo desde casa e funcionar como si estivera no Concello", explican fontes municipais.
Xunto coa atención telefónica e vía mail que está habilitada en cada departamento, dende o Concello lembran o uso da sede electrónica habilitada, pola que calquera cidadán pode presentar solicitudes, escritos ou facer reclamacións.
28 mar 2020 / 21:54
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito