Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 22 enero 2021
02:00
h

O amiense Xaime Subiela gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

A súa creación ‘Para que nos serve Galiza?’ foi elixida pola maioría do xurado // Presentáronse sete traballos a este certame // Está valorado en 3.000 euros e a publicación na Editorial Galaxia

O amiense Xaime Subiela resultou gañador da duodécima edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. Así o deu a coñecer onte en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. No acto estivo acompañado polo director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes; a representante de Gas Natural Fenosa, Amalia Baltar Estévez, e un dos membros do xurado deste certame, Carlos Lema.

Nado en Chantada, mais afincado no municipio de Ames, Subiela conseguíu alzarse con este galardón pola súa obra Para que nos serve Galiza?, que foi elexida polo xurado por maioría dos membros. Estes son, amais do propio Carlos Lema, Luís Alonso Girgardo, Miguel Barros Puente, Encarna Otero Cepeda e Carme Vidal Lage. En total, presentáronse sete obras a este concurso e todas elas salientaron pola súa calidade, así como pola variedade de temas abordados nelas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

22 dic 2012 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito