Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Amplían os horarios das instalacións deportivas de Outes na fin de semana

Abrirán os sábados pola tarde, de 16.00 a 20.00, e os domingos de 10.00 a 14.00 h.

    Outes. O Concello outense vén de informar de que o complexo deportivo municipal, onde está situada a piscina, ampliará os seus horarios de tal maneira que -a diferenza dos actuais-, estará aberto o sábado pola tarde, entre as 16.00 e as 20.00 horas, e o domingo, de 10.00 a 14.00 horas.

    Polo que respecta aos demais días da semana, de luns a venres as instalacións permanecerán abertas de 8.30 a 13.30 horas, en quenda de mañá, e de 16.00 a 23.00 en quenda de tarde, se ben a piscina pechará as 22.00 horas.

    Segundo anunciou o executivo local onte, a ampliación do horario estará vixente até o vindeiro 31 de maio e servirá para realizar unha sondaxe sobre o uso e demanda da piscina e do resto das instalacións deportivas, "co obxectivo de fixar uns horarios máis acordes á demanda real", apuntou o concelleiro de Deportes de Outes, Daniel Rodríguez.

    Asemade, o edil tamén sinalou que, unha vez coñecida a demanda existente durante as fins de semana, dende o Concello estudarán a opción de abrir ao mediodía e coñecer así o número de usuarios que fan uso do servizo nese período.

    Finalmente, o grupo de goberno agradeceu aos traballadores e traballadoras do complexo, así como aos conserxes municipais, "a súa disposición para deseñar os novos horarios, os cales permitirán ofrecer mellores servizos á cidadanía", afirmaron.


    PRAZAS LIBREs No Concello de Porto do Son aínda quedan prazas libres nos diferentes cursos de natación que se ofertan na piscina municipal: nos de iniciación dirixidos a nenos de 4 a 6 anos quedan libres dúas prazas; nos de perfeccionamento, para rapaces de 8 a 12 anos, hai catro baleiras; e para adultos, nivel medio, sete prazas. Os interesados poden informarse no 604 051 189.

    14 ene 2020 / 20:55
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito