Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 02 junio 2020
02:53
h

Ampla programación na primeira Semana do Libro de Rianxo

A concellería de Educación, Cultura, Xuventude e Normalización do Concello rianxeiro organiza a primeira edición de LIX Rianxo: Semana do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebrará entre o 13 e o 19 de maio no auditorio e na biblioteca do municipio, coa idea de darlle continuidade a cita nos vindeiros anos.

"O tema escollido para esta primeira edición é a Revolución, destacando precisamente ese poder de transformación, persoal e social, que teñen e tiveron os libros e a lectura ao longo do tempo", destacou a edil de Cultura, Raquel García, durante a presentación da iniciativa.

O cartel inclúe actividades para todas as idades e "unha ampla programación que contará con encontros lectores con autores e autoras coma Antonio García, Helena Villar, Paula Carballeira, a xornalista María Solar ou o ilustrador Víctor Rivas", sinalou.

Haberá espazo para o cinema, os contacontos e o teatro, que virá da man da compañía Talía Teatro, co seu novo espectáculo, Sopa de Sapo.

O público adolescente e adulto poderá desfrutar da representación Moita poesía e pouca diversión, e a escrita será o eixo central do obradoiro Escribir para Revolucionar. Tamén haberá diversas exposicións no auditorio e na biblioteca.

Ademais, durante toda a semana, as librarías Cándido, Ben e Xacobiño ofrecerán un 5% de desconto en todos os libros infantís e xuvenís en galego.

08 may 2019 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito