Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Amtega e o CPEIG lanzan a iniciativa Rapacinos.gal

O web, que completa o programa Rapaciñ@s, busca difundir o uso seguro das tecnoloxías e as profesións dixitais nos novos

A iniciativa Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para achegar as tecnoloxías da información a nenas e nenos, estrea unha nova web: www.rapacinos.gal e www.rapacinas.gal.
O novo espazo web, totalmente accesible a xente sen coñecementos técnicos, inclúe os seguintes contidos: personaxes fundamentais na historia da informática, dez razóns para estudar informática, saídas profesionais, onde realizar os estudos, consellos de navegación segura e o xogo A quen te pareces?.
Dentro de todos os apartados, cómpre destacar A quen te pareces?, un xogo que difunde casos de éxito cuxo coñecemento busca fomentar a incorporación das mozas ás novas profesións dixitais e contribuír á desaparición da fenda de xénero existente no acceso aos estudos tecnolóxicos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

03 ene 2017 / 19:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito