Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 22 septiembre 2021
02:21
h
elos de lectura

An Alfaya volve sorprender coa novela ‘O fío vermello’

A escritora e autora viguesa repite a fórmula que xa empregou en ‘A sombra descalza’ coa publicación deste novo título

    A escritora viguesa An Alfaya (Vigo, 1964) publica a obra titulada O fío vermello (Xerais, col. Merlín, 2014), repetindo a fórmula empregada en A sombra descalza (Xerais, col. Fóra de Xogo, 2006). Conta a historia de Carlo, un rapaz que preocupado polo destino do seu irmán maior, Nicola, decide manifestarse trasladándose a vivir á terraza. O motivo do enfado ven provocado polos silencios familiares que tratan de ocultar a verdade sobre o paradoiro do irmán desaparecido na guerra.

    Xa desde o título a autora bota o gancho para que os ávidos lectores se mergullen nun relato onde os segredos e as relacións interfamiliares cimentan as bases dunha historia sinxela na súa exposición, mais chea de matices e mensaxes cargados de significado.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    16 sep 2014 / 20:39
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito