Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Anacos de historia dun home que bica o século

Cesáreo Villar Vaamonde segue a oficiar de sacristán en A Granxa // Foi membro de Airiños do Pico, veterano da quinta do 36 e autodidacta con dúas paixóns: a música e a madeira // Chega ós cen anos

De espíritu emprendedor e tenro sonriso, Cesáreo Villar Vaamonde é un libro de historia, baseado nunha filosofía de vida, na que a experiencia dos anos xoga, sen dúbida, un papel determinante. Di que ía para cura, pero a súa vocación, xurdida dende a máis tenra idade, truncouse aos 15 anos tras a perda da súa nai Dolores. É o maior de tres irmáns. A piques de engrosar a egrexia lista daqueles que atesouran un século de vida (naceu o 29 de agosto de 1915), este veciño da Granxa (Boqueixón) aínda converte troncos de árbore en singulares pezas de arte cotiá, as que lle inspira a propia madeira ou aquelas que lle saen do maxín. Os bastóns dos que se serve para manterse ergueito son de colleita propia. “Uns saen mellor que outros”, apunta.

Conserva a plenitude das súas facultades e a punto de cumprir os cen anos segue a oficiar de sacristán na igrexa da Granxa. “Bueno ahora escoito a misa pola tele, porque o párroco está enfermo e leva meses sen misar”, dí con nostalxia, “pero ata hai pouco ocupábame desas labores, xa sabe vostede, tocar á campá, axudar á misa...”. O coidado do camposanto tamén formou parte da súa actividade. “Eu só collía a herba co fouciño e a carrexaba. Logo o Concello puxo alí a tres que botaban horas e horas facendo o mesmo traballo que eu en media mañá”, di con retranca.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

23 ago 2015 / 20:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito