Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Android TV chega ás barras de son

A JBL Link Bar integra Android TV, permitindo así controlar o televisor coa voz sen ter que botar man do mando a distancia

A presenza de asistentes de voz no fogar é cada vez maior, e un dos xeitos de levalos ao televisor é a través das barras de son como a nova JBL Link Bar, que vén de saír á venda nos EE.UU. a un prezo de 399,99 dólares, e integra Android TV, de xeito que convértese nun xeito curioso de achegar contidos ao televisor, á vez que tamén funciona como un altofalante Google Home, de xeito que podemos aproveitar a barra de son para reproducir música, responder ás consultas que realicemos mediante voz a Google, controlar a electrónica doméstica e, por suposto, reproducir contidos audiovisuais sen ter que botar a man ao mando a distancia.
As barras de son con Android TV tamén integran Chromecast, polo que son un bo método para lanzar contidos ao televisor dende o móbil.
A nova barra de son de JBL conta con varias entradas HDMI 4K, permite desactivar os micrófonos para preservar a intimidade do usuario, conta tamén con Bluetooth para poder reproducir son dende o noso smartphone ou tableta, e presume dunha grande calidade sonora que mellorará a experiencia de reprodución de contidos no noso televisor.

24 jul 2019 / 04:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito