Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
lóstregos

Antoloxía de 'Zunzún'

    Con motivo da Feira Internacional do Libro da Habana (febreiro de 2008), na que Galicia foi o país convidado, a Consellería de Cultura e a Universidade de Santiago publicaron, en edición facsímil, unha escolma de traballos da revista infantil cubana Zunzún (paxariño que vén sendo o colibrí de Cuba), que estivo a cargo da profesora Ana Chouciño (directora da Cátedra Alejo Carpentier) coa colaboración de Anisia Miranda, fundadora e xefa de redacción da revista.

    Podo falar de Zunzún porque traballei nela entre 1983 e 1989. Foi unha etapa entrañable. A antoloxía abarca de 1980 (ano en que se fundou) a 1990. Era, sen descusión, a mellor publicación periódica para nenos en español, cunha tiraxe de 250.000 exemplares cada mes.

    O noso estilo de traballo era moi singular. Planeábase o contido de cada número dous meses antes, asignábanselle os traballos a cada redactor, que á súa vez escollía a un dos ilustradores e traballaban en coordinación. Calquera tema era válido e a clave radicaba no xeito de elaboralo para o neno lector.

    Chegábannos cartas de rapaces de todo o país e tivemos que incorporar unha psicóloga cunha axudante para respondelas. Planteaban problemas familiares, escolares, íntimos. Facíamos tamén 'edicións' orais en colexios e centros de cultura. E convocabamos concursos. Un deles era 'escribe el cuento que te dé la gana'. Chegaron preto de 3.000. Noutra ocasión, 'pinta la paloma de la paz', e recibimos vinte mil debuxos. Premio: desplazouse todo o colectivo da revista ata a casa do neno galardoado e entregámoslle unha parella de pombas mensaxeiras.

    Nun prólogo moi esclarecedor, a profesora Chouciño conta a traxectoria e significación de Zunzún, verdadeiro modelo de xornalismo para nenos, polo seu contido, en textos e ilustración. Merecen aplauso a conselleira de Cultura e a Universidade compostelán por dar a coñecer en Galicia páxinas desta memorable revista.

    10 may 2008 / 22:07
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito