Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Apolo, unha deidade á fuga

Pepe Carballude e Andrés García Vilariño presentan novamente as andainas dun deus á procura de experiencias humanas

    Valéndose dos seus coñecementos da tradición clásica, Pepe Carballude (Rubín, A Estrada, 1956) e Andrés García Vilariño (Carballo, 1946) presentan unha historia policial e de humor que prende o interese do lectorado desde a primeira páxina. É a reedición da obra O deus desaparecido, orixinalmente publicada por Edicións SM no ano 1991 (galardoada co Premio Barco de Vapor 1990) e que, vinte anos despois, recupera Everest Galicia.

    A presentación do volume (e o tipo de ilustracións con trazos rectos, angulosos, xaponizantes) tende a elevar a franxa de idade á que este vai dirixido. Semella orientarse preferentemente a un público máis próximo da mocidade que da infancia. Pérdese en parte a comicidade e a tenrura da primeira edición, potenciándose o carácter policial da historia. Os debuxos de Beatriz García Trillo están a medio camiño entre o realismo e a caricatura abstracta. Asemade, a imaxe da cuberta é unha revisión da obra de Velázquez "A Fragua de Vulcano" na que se inspira a trama, algo que na anterior edición era menos visible.

    Más información en El Correo Gallego

    02 ene 2012 / 22:29
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito