Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
XORNADAS

Aposta da Xunta por un medio rural forte e vital que dé cohesión a Galicia

O titular de Medio Rural, José González, avogou onte por un agro que se converta no motor económico de Galicia, en clave de progreso, futuro e emprendemento. Fíxoo en Santiago no marco do Congreso Internacional sobre desenvolvemento rural e turismo, no que participa a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura.

"Un rural forte é vital para dar cohesión a Galicia" e por iso "a Xunta quere seguir apostando polo noso agro". Iso se materializa en apoios aos modelos de negocio no rural, ás explotacións e ao fomento da súa asociación ou aos mozos, para que se incorporen e contribúan ao rexuvenecemento dos sectores produtivos, "un piar fundamental para evitar o abandono", sinalou.

Neste contexto, o titular de Medio Rural insistiu nos tres eixos que vertebran a acción do Goberno galego a prol do agro: a prevención desa "Galicia verde que a todos nos fascina"; a recuperación forestal co reforzo á liña de tratamentos silvícolas e da sanidade, e a calidade na excelencia da produción agroalimentaria vinculada coa alimentación atlántica desa despensa galega de primeiro nivel.

05 nov 2019 / 23:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito