Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 20 octubre 2020
14:24
h

Apple TV chega aos televisores de Samsung

Os Smart TV da marca Samsung estrean a aplicación oficial que facilita o acceso aos contidos audiovisuais comercializados por Apple

A primeiros de anoSamsung sorprendeu ao anunciar que os seus Smart TV facilitarán o acceso aos contidos audiovisuais comercializados por Apple, así como soporte de AirPlay 2, e aínda que parecía razoable que estas prestacións chegarían de cara ao lanzamento de Apple TV+ despois do verán, Samsung sorprendeu anunciando que dende agora os seus televisores lanzados nos anos 2018 e 2019contarán coa nova aplicación Apple TV en máis de 100 países e soporte para AirPlay 2 en 176 países, entres os que se atopa España.
A aplicación de Apple TV para televisores Samsung facilita o acceso a un catálogo de máis de 100.000 películas e programas de televisión dispoñibles en aluguer o compra, dos que boa parte dos contidos están dispoñibles en 4K con HDR, e no outono a aplicación tamén facilitará o acceso a Apple TV+.
Con AirPlay 2 tamén é posible ver no televisor vídeos e outros contidos achegados directamente dende un iPhone, iPad ou Mac.

14 may 2019 / 12:03
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito