Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arranca en Noia un programa para maiores con 21 alumnos

Foi inaugurado onte por Esther Oliveira e Víctor Arce, que impartiu unha das sesións formativas

Un total de 21 veciños de Noia maiores de 50 anos participan dende onte e ata o vindeiro 25 de outubro no programa Camiños de coñecemento e experiencia, proxecto de democratización do coñecemento; unha iniciativa gratuíta de formación universitaria posta en marcha pola Universidade de Santiago de Compostela e coa que por primeira vez colabora o Concello noiés.

O curso foi inaugurado pola directora do IV Ciclo da USC, Esther Oliveira; polo vicerreitor de Estudantes e Internacionalización da USC, o profesor Víctor Arce; e pola concelleira de Relacións Veciñais de Noia, Beatriz Rosende. Oliveira agradeceu a colaboración do Concello na realización das sesións, especialmente nas prácticas, e explicou que "este programa nace hai catro anos para potenciar o acceso da Universidade ao medio rural e ás nosas vilas, dando resposta á demanda de formación dun colectivo de máis de cincuenta anos".

Neste sentido, Arce asegurou que se trata "dunha das mellores formas de proxectar a Universidade na sociedade" xa que "o interese por aprender que ten o alumnado de cuarto ciclo non ten comparación con outros. É moi estimulante". Ademais, "queremos que os coñecementos se vinculen co territorio ao que nos diriximos, no caso de Noia coa saúde, a xeografía e o cine", dixo.

O programa formativo inclúe tres sesións teóricas, que terán lugar no edificio municipal de Servizos Administrativos O Matadoiro os días 10, 14 e 24 de outubro, en horario de tarde. O primeiro seminario, Que é o envellecemento, foi impartido onte. Tamén haberá tres sesións prácticas -que estarán vencelladas ás charlas teóricas- que se levarán a cabo os días 18, 23 e 24.

10 oct 2019 / 21:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito