Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arrinca en Rianxo un curso sobre os lazos culturais de Galicia e Portugal

Ata o venres debátese en torno á música, a lingua, o pensamento, a danza ou o ensino

A subdirectora xeral de Política Lingüística, Lourdes Batán, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, inauguraron onte o curso de verán da USC Galego, porta aberta para o mundo 2: lingua, pensamento e cultura na Galiza e Portugal, xunto coa súa directora, a profesora de Lingüística e escritora Teresa Moure.

Os relatorios e obradoiros son abertos, sen necesidade de formalizar a matrícula (só precisa para obter o certificado de asistencia e aproveitamento).

Esta actividade formativa, que se vai centrar en analizar e vigorizar os contactos culturais realmente existentes entre os pobos galego e portugués, desenvolverase no auditorio ata o venres. A organización escolleu como sede a vila rianxeira por representar un espazo simbólico na cultura do noso país, grazas á achega que moitos rianxeiros fixeron e fan á construción da galeguidade.

Un nutrido grupo de persoas, entre relatores e alumnado, debaterán sobre lingua, lusofonía, ensino, pensamento, cultura, música, danza, etc. Hoxe, a primeira ponencia (10.00 horas) versará sobre a cultura da morte e o debate sobre a eutanasia, a cargo de Gilberto do Couto (médico e membro do movemento cívico pola despenalización da morte asistida en Portugal) e Brais Arribas, profesor de Secundaria.

25 jun 2019 / 20:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito