Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A arte posta ao servizo da loita contra a violencia de xénero

Carmela Silva emplaza en Lalín á sociedade a comprometerse e educar en igualdade na apertura da mostra ‘Mulleres en acción: violencia zero’ // A capital do Deza servíu ás artistas contemporáneas como un dos dez escenarios do proxecto

Loitar e concienciar aínda máis se cabe á sociedade contra a lacra da violencia de xénero e incidir na necesidade de educar en igualdade. Ese é o obxectivo final que pretende transmitir a mostra itinerante que onte se inauguraba no concello lalinense, promovida pola Deputación de Pontevedra, baixo o título Mulleres en acción: violencia zero. Trátase, según incidiron os presentes, dunha exposición na que se mostran os resultados dun proxecto de acción artística contemporánea (danza, teatro, performances) levado a cabo de xeito simultáneo o pasado 25 de novembro en dez espazos públicos da pronvincia de Pontevedra, entre eles Lalín, por outras tantas artistas femeninas sensibilizadas coa loita contra a violencia machista e os malos tratos, para concienciar sobre esta problemática e incentivar a integración de mulleres e homes “contra unha realidade que afecta a todos e todas”, por unha parte e, por outra, para provocar o achegamento á arte contemporánea a través “do diálogo con todos os públicos, a experiencia e a creación colectiva”, precisaban.


Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

07 abr 2016 / 22:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito