Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 13 abril 2021
02:00
h
esforzo diario

As dez facianas dun esforzo ben recompensado

A asociación Amicos de Ribeira rende homenaxe a tres nais de usuarios // Lalín entregou os Premios Maruja Gutiérrez a tres empresarias e a unha agrupación cultural

Son dez mulleres. Dez facianas que reflexan o esforzo diario, a loita e a forza, e que onte tiveron a súa merecida recompensa. A asociación Amicos de Ribeira e o Concello de Lalín renderon homenaxe –co gallego do 8-M– a estas nais, emprendedoras, formadoras e coidadoras que ben se poden tomar de exemplo para definir a outras tantas.

O acto celebrado en Ribeira estivo presidido pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde, Manuel Ruiz. As homenaxeadas foron a boirense Felisa Piñeiro García, que tivo que deixar o seu posto de secretaria de dirección dunha empresa para adicarse por completo ó coidado de seu fillo Gonzalo, con discapacidade severa; a noiesa Hermitas Barreiro Vázquez, nai de Luis, un mozo con síndrome de Down; e a rianxeira Dolores Figueiro Otero, nai de Roberto, mozo gravemente afectado que non pode comer por si mesmo.

O momento máis emotivo foi cando tres mozos con discapacidade intelectual leron, en nome de todos o usuarios de Amicos, unha carta de agradecemento ás nais. Na súa intervención, o deputado provincial Carlos López Crespo destacou "a función social de Amicos, ben coñecida e valorada en toda a provincia" e "a entrega das nais, que fan posible que as limitacións de seus fillos non os priven de felicidade".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

06 mar 2014 / 21:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito