Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
CHUS PATO, Poeta e nova académica numeraria da RAG

“As institucións ven a poesía como unha especie de loucura nun faiado”

{ Ourense, 1951 } Elixida pola RAG como a sétima académica de número, a poeta más recoñecida do panorama galego actual rexeita definicións e fala de si mesma como unha autora impulsada polo uso da lingua galega e por plantexamentos de novos modelos poéticos polos que quere loitar dende o seu novo cargo.

Que obxectivos se marca Chus Pato como académica?
Digamos que o primeiro que teño que facer e coñecer por dentro o funcionamento da RAG. Despois da vertixe inicial tras o nombramento, estou a ler os estatutos e en función diso comezarei a trazar un intento de actuación. Obviamente gustaríame traballar no eido da poesía.

Unha visibilización quizá fora das nosas fronteiras...?
E tamén dentro. Sei positivamente que en Galicia se le poesía e non pouco. Iso sabémolo polas ventas e polas reedicións, é certo que é unha cuestión que pasa por ser algo totalmente privado porque nin se recolle nos medios nin ten visibilidade.

Que lugar ocupa a poesía na literatura galega de hoxe?

O que ocorre na realidade é que sí existe lectura de poesía e que os autores estanse a mover moitísimo e de xeito contínuo: a cantidade de recitais, de postas en escena, de achegamentos ó publico, son inxentes e con moito éxito. Hai que pensar ademáis que a poesía non so é un libro e un lector pechado nunha habitación lendo ise libro, senón que a poesía e moi ampla. Hai motísimas maneiras de chegar hoxe ó publico.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

17 nov 2016 / 21:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito