Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As literaturas galega e portuguesa falan en Conversas Nortear

O fin é favorecer o diálogo e o coñecemento entre as dúas a través dos seus escritores

    O programa Conversas Nortear ofreceu onte no Porto a segunda sesión duns encontros culturais que teñen como principal obxectivo "favorecer o diálogo e o coñecemento mutuo entre as literaturas galega e portuguesa a través dos seus escritores e escritoras". Así o asegurou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, na apertura do encontro, no que o galego Ramón Caride e a portuguesa Ana Luísa Amaral compartiron co público, na Facultade de Letras, as súas reflexións sobre as relacións entre ambos os sistemas literarios.

    Baixo o título Galicia-Norte de Portugal: Un universo literario común?, o programa Conversas Nortear "permítenos achegarnos ás letras galegas e portuguesas da man dos seus protagonistas actuais, os autores e as autoras, nun formato distendido e coa participación activa do público", asegurou Anxo Lorenzo, quen valorou positivamente as diversas iniciativas promovidas neste ano "para reforzar o intercambio cultural galego-portugués en diversos ámbitos".

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    07 dic 2015 / 21:13
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito