Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As persoas xordas queren comunicarse tamén en galego

As entidades traballan para o recoñecemento oficial, conseguido por español e catalán

No ano 2014, lográbase a declaración do 14 de xuño como Día Nacional das Linguas de Signos Españolas. Desde entón, celébrase esta data para as linguas de signos española e catalana. Pero de momento, o galego non figura con ese recoñecemento. As entidades de persoas xordas da comunidade traballan para ese obxectivo, coa recollida da documentación necesaria para mellorar a comunicación entre os seus usuarios.

Así o indican, por exemplo, desde a Asociación de Persoas Xordas de Ferrol. Durante a presentación dos actos para este día, a súa presidenta indicou que "en toda España só están recoñecidos o castelán e o catalán". Teresa Gallo engadiu que "se está recopilando a documentación necesaria para a lingua de signos galega, traballamos para protexer o galego tamén". Pero recorda que os principais pasos deben darse desde a Federación de Asociacións de Persoas Xordas: "O principal é que podamos comunicarnos e expresarnos nos nosos idiomas".

Mentres, avanzan diversas iniciativas para a promoción do galego entre as persoas xordas. En Pontevedra, xa no ano 2015 se elaboraba un vídeo co Himno de Galicia en lingua de signos, co obxectivo de celebrar o Día da Patria Galega.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

13 jun 2018 / 21:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito