Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As privilexiadas perspectivas de Rianxo, a terra dos sete castros

O de As Cercas conserva doble muralla, foxo e restos das cimentacións de catro vivendas // O de Urela ten aínda parte do seu parapeto defensivo e aterrazamentos

A sinuosa orografía de Rianxo atesoura unha rede de miradoiros naturais, tanto de montaña coma costeiros, que permiten observar o territorio dende perspectivas privilexiadas. En Rianxo están catalogados sete asentamentos castrexos en distintos estados de conservación. En moitos casos non se atopan restos de edificacións, o que pode entenderse coma que simplemente se trataba de lugares defensivos utilizados puntualmente, e non habitados habitualmente.

O Castro das Cercas ou Castro de Quintáns (en Isorna) é o que permite unha mellor visualización dos elementos que o conforman a simple vista, a pesar da vexetación que o invade. De forma ovalada, con diámetros de 90 e 60 metros, consta de doble muralla e foxo. Pódense distinguir as cimentacións de dúas casas de forma cuadrangular, o que fai supoñer que probablemente estivese habitado tras a romanización (quizá ata a Idade Media).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

25 jun 2015 / 21:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito