As representacións retornan á vila de Padrón nunha nova edición do Cultura no Camiño
Poranse en escena catro obras para conmemorar a oitava peregrinación de San Francisco a Compostela
Padrón. Maiores e pequenos poderán desfrutar este verán doutra edición do Cultura no Camiño, un conxunto de obras de teatro pensadas especialmente para as familias. O Concello de Padrón, en cooperación coa Xunta e Agadic, conmemora así o oitavo centenario da peregrinación de San Francico de Asís a Santiago de Compostela.
A praza de Macías será o escenario das catro obras de teatro que se representarán a partir deste mes de xuño. Todas elas son gratuítas e darán comezo sempre á mesma hora: as 22:00. En caso de mal tempo, o espectáculo trasladaráse ao Auditorio Municipal.
A obra Feo! , interpretada polo grupo Caramuxo, será a encargada de abrir o programa o día 12 de xuño. Unha orixinal adaptación de O parrulo feo de Hans Christian Andersen ó noso tempo.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt