Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As zarzuelas máis coñecidas soaron no auditorio nas voces do Coro do Liceo de Vilagarcía

A agrupación arousana ofreceu unha selección dos mellores fragmentos do xénero lírico // O espectáculo destacou pola coidada escenografía

O Coro Liceo de Vilagarcía actuou o pasado sábado Auditorio Municipal, ao que levou o seu espectáculo “Noite de Zarzuela”, unha compilación dos fragmentos máis coñecidos e recoñecidos deste xénero musical escénico.

A agrupación coral estivo liderada por catro solistas, o tenor José Luis Prado, as sopranos Tamara Casas e Loli Crespo e o barítono Julio Cores, e contou co acompañamento musical da Banda de Cámara “Arousa”, con arranxos e dirección de Santiago Fontes.

Diego Rubianes e Santiago Valcárcel foron os presentadores e actores dun espectáculo que destacou pola súa coidada e vistosa escenografía.

26 mar 2019 / 11:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito