Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ataque a los Titanes terá novo xogo en marzo

O novo título de Koei Tecmo terá non só versións para PC, PS4 e Xbox One, senón que tamén estará presente na Nintendo Switch, levando aínda a máis xogadores o mundo de Shingeki No Kyojin.

Dende Koei Tecmo realizaron unha retransmisión en directo a través de YouTube dende as súas oficinas xaponesas, onde deron infinidade de detalles sobre o seu vindeiro xogo de acción,A.O.T. 2, secuela do xogo de 2016 baseado no manga e animeShingeki No Kyojin(Ataque a los Titanesen España) que finalmente verá a luz en marzo de 2018 con versións para PlayStation 4, Xbox One, PC e Nintendo Switch.
O novo xogo busca afondar na liña argumental da serie de televisión, permitindo que os seareiros poidan vivir de preto os acontecementos narrados na súa segunda tempada cun estilo de xogo de acción versátil e unha ampla selección de personaxes xogables (Eren Jaeger, Mikasa Ackerman, Armin Arlert, Levi, Miche Zacharias, Nanaba, Gelgar, Ymir e Christa Lenz), sendo tamén posible que os usuarios creen un explorador personalizado.
Esta nova entrega contará con movementos mellorados e ataques dos Titáns, de xeito que precisarán de manobras máis precisas por parte dos xogadores. Tamén se inclúen novidades como o Monocular (que axudará a realizar unha mellora análise das situacións coa localización dos Titáns dende lonxe para atacar estratexicamente), un equipo de manobras tridimensionais renovado, e a posibilidade de estreitar vencellos cos compañeiros ao adestrar e prepararse para a batalla co novo e mellorado estilo de xogo Town Life.

25 oct 2017 / 02:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito