Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
literatura

Atxaga: "Ninguén desexa a periferia, todas as culturas esixen centralidade"

O escritor vasco retratou onte o proceso de construción da cultura vasca na modernidade

Un prato de filloas é a imaxe que o escritor e académico vasco Bernardo Atxaga propuxo onte no CGAC para ilustrar a maneira na que diversos substratos, capas e vectores de forza conflúen nos procesos de creación dunha identidade cultural. Foi só unha das moitas metáforas que o narrador e poeta foi debullando onte, no CGAC, en Santiago de Compostela, na primeira xornada do ciclo Cara a onde? Observando a transformación cultural e social desde a literatura, unha iniciativa "pegada á literatura dos nosos días, para analizar desde a ollada dos escritores e das escritoras a relación entre o devir da sociedade actual e a cultura". O ciclo, coordinado polo escritor Alfredo Conde, contou onte coma convidados e retrucantes á palestra de Atxaga co crítico literario, ensaísta e tradutor Ramón Nicolás, o editor e xornalista Henrique Alvarellos e o profesor e tradutor Xosé A. López Silva.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

07 mar 2015 / 21:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito