Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Aula CeMIT explica nun seminario como aforrar na factura eléctrica

A sesión terá lugar o xoves 11 de abril entre as 10:30 e as 12 horas // Explicaranse unha serie de medidas para reducir o consumo e consellos para entender a factura da luz

    A Aula CeMIT ofrece este xoves, 11 de abril, a través de videoconferencia o seminario web “Como aforrar na túa factura da luz”. A actividade desenvolverase entre as 10:30 e as 12 horas.

    O aforro de gasto eléctrico está relacionado directamente co mellor uso que fagamos da enerxía. Con sinxelos consellos de aforro e, sobre todo, ao saber interpretar a factura que nos chega sobre o consumo eléctrico conseguiremos reducir os custos.

    Neste seminario explicaranse aos asistentes diferentes medidas que lles permitirán aforrar no gasto eléctrico e ofreceránselles consellos para entender a factura da luz. Falarase tamén de aplicacións móbiles e outros recursos que poden ser de axuda para os consumidores en relación co gasto eléctrico e tamén se explicará como realizar reclamacións ante as compañías.

    10 abr 2019 / 00:17
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito