Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A AULA CeMIT IMPARTIRÁ EN FEBREIRO TRES CURSOS DE EMPRENDEMENTO PARA PROFESIONAIS E DESEMPREGADOS

As temáticas a tratar serán como poñer en marcha un proxecto empresarial, análise do modelo de negocio e conseguir e fidelizar clientes // As actividade son gratuítas e desenvolveranse entre os días 4 e 6 de febreiro, en horario de tarde

    A Aula CeMIT impartirá a comezos de febreiro tres cursos presenciais sobre emprendemento dirixidos a profesionais que queiran adquirir competencias dixitais para mellorar a súa situación laboral e a persoas desempregadas que aspiren a iniciar novos negocios dixitais. Os cursos, que son gratuítos, terán lugar os días 4, 5 e 6 de febreiro de 16 a 20 horas.

    A primeira actividade centrarase no “Ecosistema emprendedor” e os participantes poderán coñecer os diferentes axentes que operan no mercado e que poden axudir na creación e desenvolvemento dunha empresa, traballar e practicar diferentes técnicas de ideación e solución de problemas e identificar as diferentes fórmulas de financiación de proxectos.

    Outro dos cursos, “Proposta de valor e modelo de negocio”, ten como obxectivos coñecer e analizar os diferentes modelos de negocio e dominar a xeración de ingresos e xestión de custos, identificar as ferramentas e habilidades a ter en conta cando se traballa con socios e practicar algunhas metodoloxías de xestión de proxectos que están contribuíndo a transformar as empresas nos últimos anos.

    Por último, a terceira acción denomínase “Como conseguir os primeiros clientes” e os inscritos recibirán información sobre as campañas de captación e estratexias de fidelización de clientes máis eficaces, así coma técnicas para poñer en marcha unha estratexia de marketing dixital.

    En xeral estes tres cursos supoñen unha oportunidade para os traballadores de calquera empresa para mellorar as súas competencias para acceder a novos postos na organización ou mellorar as súas condicións actuais. Por outra parte, para as persoas en situación de desemprego que queiran desenvolver unha profesión de futuro e con gran demanda no mercado, esta formación axudaralles a coñecer os pasos a dar e os aspectos a ter en conta no desenvolvemento dunha actividade por conta propia.

    As inscricións poden realizarse a través da páxina web http://www.crearfuturo.es/cursos-online/ .

    10 ene 2020 / 23:48
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito