Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A aula CeMIT informa sobre os próximos cambios na TDT nunha xornada divulgativa o día 28

A introdución da tecnoloxía 5G obriga a reorganizar o espectro radioeléctrico antes do 30 de xuño de 2020 // Explicaranse os cambios que os cidadáns deben facer nos sistemas de recepción e as subvencións que poden solicitar

    A Aula CeMIT de Valga retransmite o día 28 de novembro, xoves, unha xornada divulgativa sobre o novo Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre (TDT) e o Segundo Dividendo Dixital. A actividade realízase en colaboración coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia e dará comezo ás 12 horas.

    A liberalización do segundo dividendo dixital supón un cambio moi significativo na área do desenvolvemento das telecomunicacións para a sociedade. Consiste na reorganización e abandono dalgunhas canles nas que se está a emitir a Televisión Dixital Terrestre na actualidade para deixar libre a banda de 700 MHz (frecuencias entre 694 Mhz e 790 MHz), necesaria para os novos servizos de banda larga (5G). Este proceso debe estar rematado a máis tardar o 30 de xuño de 2020.

    A liberación da banda de 700 MHz implica que as canles que actualmente ocupan a devandita banda desprazaranse a outra parte do espectro radioeléctrico. Isto requirirá a adaptación das infraestruturas de recepción colectiva nalgúns edificios.

    Na xornada informativa do día 28 explicaranse cales son as adaptacións que terán que facer os cidadáns nos sistemas de recepción da TDT para non perder a oferta televisiva e as subvencións que poden solicitar ao Ministerio de Economía e Empresa para financiar ditas actuacións.

    24 nov 2019 / 21:21
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito