Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 06 agosto 2020
15:00
h

A AULA CeMIT OFRECE DURANTE O MES DE FEBREIRO UN CICLO DE SEMINARIOS SOBRE TRÁMITES DIXITAIS

Trataranse cuestións coma a firma dixital, o DNI electrónico ou o certificado dixital // As sesións terán lugar os martes e os xoves entre as 10:30 e as 11:30 horas

    A Aula CeMIT impartirá en febreiro un ciclo de seminarios online "Trámites Dixitais desde cero", a través da Federación Galega de asociacións universitarias séniors (Fegaus).

    As sesións terán lugar os martes e xoves do mes de febreiro entre as 10:30 e as 11:30 horas. Aínda que os se dirixen principalmente a persoas maiores, a participación está aberta a todos os públicos. Trataranse cuestións coma o DNI electrónico, a firma dixital ou os certificados dixitais. Porque hoxe en día o entorno dixital tense convertido nunha parte fundamental das nosas vidas co crecemento da tecnoloxía, a expansión de internet e a necesidade de simplificar procesos, sobre todo administrativos, que antes requerían moito tempo e desprazamento.

    O ciclo dará comezo o martes 4 cunha sesión sobre a Identidade Dixital, que abarca todos os procesos, mecanismos e tecnoloxías que serven a unha persoa ou organización para identificarse por medios dixitais.

    A xornada do xoves, día 6, estará centrada na Firma Dixital, que permite identificar a unha persoa para que, nas súas actuacións a través da rede, poida contrastarse a súa vontade, de forma que a vincule xuridicamente, como sucede coa firma tradicional.

    O martes 11 terá lugar o seminario “Como usar o DNI electrónico e o DNI 3.0”, dirixido a persoas que queiran aprender a aproveitar todas as vantaxes do DNI electrónico e a utilizar lectores e teléfonos intelixentes para usar o DNI 3.0.

    As dúas seguintes sesións, os días 13 e 18, versarán sobre a realización de trámites online con e sen certificado dixital. Unha das grandes ventaxes da administración electrónica é que permite realizar trámites de forma remota. En función da información que se vaia a manexar nesas operacións e do tipo de trámite será necesario verificar ou non a nosa identidade para realizalo. Entre os trámites que se poden facer sen certificado dixital atópanse a solicitude de cita médica, o pago de multas, consultar os puntos do carné de conducir ou solicitar un informe de vida laboral, entre outros. En cambio, si é necesario certificado dixital para consultar o rexistro da propiedade, pago de impostos, solicitude do borrador do IRPF, aprazamentos de débedas con Facenda, etc.

    Noutro dos seminarios, o do xoves 20, explicarase como realizar copias de seguridade e ofreceranse outros consellos de uso do certificado dixital. As copias de seguridade son básicas no mundo dixital, xa sexa de arquivos, fotos ou correos electrónicos. E o certificado dixital non pode ser menos. Unha copia de seguridade axúdanos a non perder información e poder trasladar o certificado dun equipo a outro ao cambiar de dispositivo.

    O martes, 25 de febreiro, adicarase a sesión a “Como utilizar o certificado dixital e o DNI 3.0 no teu móbil” e, por último, na xornada de clausura (día 27) abordarase a firma de documentos electrónicos co certificado dixital. Ademais de realizar trámites electrónicos, o certificado dixital permítenos identificarnos inequivocamente como asinantes de documentos, o que en ocasións pode ser de utilidade para axilizar xestións que requiren a nosa autorización persoal.

    As persoas interesadas en participar nestes seminarios poden inscribirse na Aula CeMIT, no Auditorio Municipal (986 55 67 69) ou nas oficinas do Concello (986 55 94 56).

    12 feb 2020 / 00:17
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito