Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Baía Edicións presenta Obras breves de imaxinación: Premios de Relatos ‘Mulleres Progresistas’ 2007-2011

    Baía Edicións presenta o libro Obras breves de imaxinación: Premios de Relatos ‘Mulleres Progresistas’ 2007-2011, convocado por vez primeira no ano 2006, vindo substituír o xa veterano de Novela, cun obxectivo moi claro: animar e fomentar a escrita de narrativa en galego por mulleres, e nada mellor para isto que facer esa convocatoria desde o formato do relato, verdadeiro banco de probas de todo tipo de argumentos e voces e de maior poder de convocatoria para todas aquelas que algunha vez pensaron en contar algunha historia en negro sobre branco.

    O acto terá lugar o xoves 23 de febreiro ás 19:00 h. na Biblioteca Pública Central (Joaquín Yánez 6, 2º andar – Vigo 36202), onde intervirán: Chus Lago, concelleira de Igualdade do Concello de Vigo e prologuista do libro, Conchi Regueiro, representación da asociación ‘Mulleres Progresistas’ e Belén López Vázquez, directora editorial de Baía Edicións. As autoras, verdadeiras protagonistas do recompilatorio, terán unha breve intervención para falar do seu relato ou ler un parágrafo deste.

    20 feb 2012 / 13:48
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito