Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Baltar, oito anos de xestión á fronte de Deputación

Saneamento económico, transparencia e forte impulso dos recursos destacan no balance feito polo presidente provincial

Xestión económica, transparencia e prioridade por impulsar os recursos e fortalezas da provincia de Ourense. Son os principais piares que destaca o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, dos seus oito anos de xestión á fronte da institución.

A efeméride cumpriuse onte e a deputación aproveitou para facer repaso do traballo dos últimos anos, dos que destaca tamén o feito a prol do termalismo, a proxección internacional do territorio, a cultura identitaria, a innovación na xestión e á promoción turística de Ourense.

Como aspecto "especialmente salientable" desta etapa refírese tamén ao feito de ter acadado a "débeda cero" da institución e unha cifra histórica de investimento no plan de cooperación cos concellos: 120 millóns de euros.

Ademáis, a planificación ten sido unha "pedra angular" da xestión -cos plans Ourense 92, Ourense 15-19 e Ourense 7273-, e tamén a instauración do Debate sobre o Estado da Provincia, salientando, asemade, a importancia que supón situar á Deputación como "líder nacional en transparencia". No ámbito das infraestruturas subliña os accesos ao CHUO, os canóns de innivación na estación de Manzaneda, o proxecto do Parque Acuático de Pereiro de Aguiar e o Centro Galego de Innovación na FP.

REFERENTE NA FP. Precisamente, a esta infraestrutura educativa refírese o equipo de Baltar como un dos logros máis destacado do seu goberno, impulsor desta iniciativa, porque será o centro de referencia da FP en Galicia. Favorecerá o desenvolvemento industrial e a incorporación de novas tecnoloxías, dotando de capital humano altamente cualificado ao tecido produtivo galego, "contando co empresariado como eixo principal para desenvolver unha FP dual que abranga as necesidades sectoriais do ámbito empresarial, tendo en conta tamén á universidade para desenvolver conxuntamente proxectos de investigación", afirma Baltar.

Para o presidente da Deputación estes oito anos teñen significado "un traballo transversal nos ámbitos de actividade que máis importan á Ourense, pero cada un deles unido á idea fundamental de modernizar a provincia e incrementar a súa competitividade, innovando en sectores estratéxicos como: termalismo, cultura, turismo, deporte, internacionalización e potenciación da marca Ourense", asegurou Manuel Baltar no balance feito onte na Deputación.

PROXECTO

Provincia Intelixente

Impulsado por Manuel Baltar nos seus diferentes ámbitos, ten permitido distinguir á provincia de Ourense como referente na innovación en turismo e

emprego tecnolóxico. Un exemplo é o "Centro de Intelixencia Artificial" de Ourense, en Finca Sevilla, unha infraestrutura que, entre Deputación, Concello de Ourense e Abanca,

converterá a esta contorna nun polo de innovación, ao carón do que será o futuro Centro Galego de Innovación na FP e perto da Tecópole. Este centro tecnolóxico deu xa o primeiro paso coa chegada de Viewnext, firma do grupo IBM,

06 feb 2020 / 22:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito