Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Baña organiza actividades de estimulación cognitiva e ximnasia de mantemento para maiores

As actividades realizaranse no local social e da terceira idade e por parroquias // A inscrición farase na Concellaría de Política Social, Emprego, Educación, Cultura e Deporte no teléfono 981 886 501

O Concello da Baña organiza actividades de estimulación cognitiva e ximnasia de mantemento para maiores, as cales se levarán a cabo de luns a venres no local social da terceira idade e por parroquias. A inscrición pode facerse presencialmente na Concellaría de Política Social chamando ao 981 886 501.

No caso do local social e da terceira idade da Baña, as actividades realizaranse de 15.30 a 17.30 horas e de forma gratuíta. Os interesados en participar nas que se leven a cabo no resto de parroquias do municipio, terán que aboar 10 euros ao mes por 1 actividade e 15 por dúas (os horarios aínda están por concretar). Tanto a estimulación cognitiva, como a ximnasia de mantemento será de luns a venres e precisarase dun grupo mínimo de 8 persoas por clase para que se leve a cabo.

As inscricións efectuaranse na Concellaría de Política Social, Emprego, Educación, Cultura e Deporte a través do teléfono 981 886 501.

29 sep 2019 / 10:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito