Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A BARCALA

Barcala xa ten un libro de seu escrito por preto dun cento de alumnos do instituto

    A bisbarra barcaleseira xa pode gabarse de ter un libro de seu... e escrito polos seus veciños (en concreto, preto dun cento), Trátase de Xente e Terra de Barcala. Letras da mocidade, unha obra que presentaban onte no sociocultural de Negreira –chegará ó centro social da Baña o día 15, ás 20.30 horas–, e na que se percorren a xeografía dos dous concellos, pero tamén o arte, a economía ou a etnografía das 33 parroquias. Os seus autores son os alumnos de Historia, de primeiro e segundo de Bacharelato do Instituto Xulián Magariños, que foron coordinados polos profesores Amancio Liñares, Nuria Araúxo, María Blanco e María Rey, dos departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia, mentres que o limiar correu a cargo de Fina Casdalderrey. A presentación foi a cargo do director do IES, Adelino Pose, e dos coordinadores, nun emotivo acto no que a banda Ateneo tocou varias pezas. Xente e Terra de Barcala incluíu un gran traballo de investigación a pé de campo e ilustracións de exalumnos, vinculados ó debuxo, fotografía ou das belas artes. Acudiron autoridades locais e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    01 dic 2017 / 20:16
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito