Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Bicos para os nenos ingresados

A xerencia de xestión integrada súmase á campaña para dedicar o 13 de maio aos menores hospitalizados. Un plan de humanización e a toma de medidas para axilizar o internamiento sanitario, algunhas das medidas

"Queremos renderlles a estas asociacións a nosa particular homenaxe polo traballo que acotío fan cos nenos ingresados na área de Pediatría da Xerencia, tanto no Hospital Clínico como no Hospital do Barbanza". Así explicaba o xerente de Xestión Integrada, Luis Verde o propósito de instaurar o día 13 de maio como o Día Nacional do Neno Hospitalizado.

A iniciativa parte de diversas fundacións e asociacións nacionais ás que se uniron asociacións galegas que colaboran coa xerencia compostelá. Co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre as consecuencias da hospitalización dos máis pequenos, a xerencia súmase a esta convocatoria e convidou a profesionais, doentes e acompañantes a unirse a esta iniciativa a facer "un lanzamento masivo de bicos para todos os nenos ingresados".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

13 may 2015 / 21:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito