Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

'Birds are Indies' asinan un fermoso concerto en Santiago acompañados do rumor dunha fonte e do canto duns grilos

Enmarcado na serie Terrazeando, que acaba o vindeiro mércores 26 na Fundación Granell, no Pazo de Bendaña

O público que encheu este xoves a espectacular terraza interior do hotel Broa, en Santiago, disfrutou moito do concerto, que empezou pasadas as oito e media da tarde. Os tres integrantes do grupo Birds are Indies, unha muller e dous homes, procedentes da localidade portuguesa de Coimbra,  interpretaron temas pop-folk e mesmo pop-country, e conectaron moi ben coa xente. O líder do grupo mostrouse moi divertido e ocurrente, e alegrouse de poder falar en portugués fóra da súa terra, en Galicia.

O tempo foi perfecto, o lugar exquisito, os músicos estupendos e o público agradecido. Ao final pediu un bis e Birds regalaron tres temas máis. As cancións, todas en inglés, susurraron situacións variopintas como a distancia, o embarazoso do inicio das relacións, as sensacións das viaxes, os pensamentos das persoas... valéndose dunhas voces suxerentes, unha guitarra acústica, outra eléctrica, un órgano e varios instrumentos máis como harmónica, acordeón, xilófono, pandeiros ou mesmo un bombo ou algo tan sorprendente como o canto duns grilos.

A voz grave e harmoniosa do líder do grupo e os temas máis intimistas evocaron por veces ao inmenso Leonard Cohen, e as cancións, ataviadas sen pausa polo rumor da auga da fonte da terraza,  crearon un clima envolvente e divertido que propiciou a complicidade e fixo ganas para asistir ao  último dos eventos preparados na serie Terrazeando, que se celebrará na Fundación Granell o vindeiro mércoles, día 26. Os concertos están organizados por 'Desconcierto Cultural' que, tal como din os seus responsables, agradecen a fidelidade dos socios e de todas aquelas personas que asisten aos eventos ao longo do ano con este ciclo de concertos gratuitos ao aire libre.

14 sep 2012 / 01:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito