Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 13 julio 2020
02:17
h

Boiro impartirá un curso de defensa persoal a mulleres

    O Concello de Boiro organiza un curso de defensa persoal para mulleres, que se desenvolverá durante os meses de maio e xuño. Realízase en colaboración co club de taekwondo Suh Sport e impartirase os luns e os mércores. É gratuíto e ten un límite de 15 prazas por quenda, que serán cubertas por rigorosa orde de inscrición. As participantes poderán elixir entre asistir no turno de mañá, de 09.30 a 10.30 horas, ou no de tarde, de 21.30 a 22.30. As interesadas en obter máis información e anotarse poden facelo no Centro de Información á Muller (CIM) localizado no segundo andar do Concello ou chamando ó teléfono 981 849 960. Está financiado con cargo aos créditos para programas no marco do Pacto de Estado sobre violencia de xénero.

    26 abr 2019 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito