Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Breizh’, de Miro Villar, amarra cun fío de haikus a fisterra galega e a bretoa

O escritor ceense presentou onte o seu novo libro, editado por Toxosoutos

    Santiago. Foron os poetas e os literatos de noso os que máis fixeron por soerguer a alianza ultramarina entre as fisterras atlánticas de Galicia e da Bretaña, Castelao entre eles. O novo libro de Miro Villar (Cee, 1965), Breizh (Toxosoutos, 2012) é a bitácora desa singradura polas laxes abisais, unha viaxe que logra facer das dúas terras unha soa, unidas moi por abaixo, no fondal do mar. E faino apelando a unha estrutura poética audaz na súa concentración e na súa espida concisión: o haiku, allea nun principio a esta tradición compartida. Amarrar cun fío de haikus a fin do mundo galega e bretoa semella ademais o espello da dualidade que latexa, de seu, na suave rigorosidade da métrica xaponesa. 

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    07 feb 2013 / 20:42
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito