Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
cuadro de honor

Broche de ouro a unha carreira de paixón pola música e Galicia

DESPEDIDA. A música galega perde un dos grupos que animaron máis festivais nos últimos 14 anos. Trátase de NAO, que di adeus esta tarde cun concerto no Recinto Feiral de Amio, en Santiago, no cal farán un repaso de toda a súa traxectoria sobre os escenarios máis variados. Ao mando da guitarra e o micrófono estará unha vez máis Pablo Jasper, inconfundible vocalista dunha banda que ao longo da súa historia sumou nove discos, nos cales participaron ata 15 colaboradores. O público poderá gozar hoxe dun recital de máis de tres horas, no que se interpretarán os temas máis transcendentes do grupo; e contará ademais con case unha vintena de artistas invitados. Será o broche de ouro a unha carreira na que primou ante todo a paixón pola música e por Galicia.

06 dic 2019 / 22:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito