Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 14 junio 2021
02:46
h

Busca pistas no seu blog dun patrimonio romano esquecido

Xabier Moure recompila as principais pezas por concello // Sen novas da ara a Cosus de Laxe

    Xabier Moure Salgado, responsable dun dos mellores blogs sobre o patrimonio arqueolóxico da romanización galega, ven de lanzar un chamamento a colaboración dos internautas para recoller datos dun bo número de pezas "das que só coñezo o concello onde foron atopadas, ignorando se se conservan aínda e, de ser así, onde están agochadas". O listado completo, figura no blog onosopatrimonio.blogspot.com, que inclúe imaxes ou bocetos dun bó número de pezas de Terras de Santiago.

    Así, Moure refírese a ara de Laxe adicada á divindade prerromana Cosus, e situada na igrexa de Santa María de Serantes cando se atopou. Ninguén puido ver a peza despois do seu achado, "polo que se dá por perdida", di. Noutros casos, o bloquero inclúe datos de pezas das que sí hai constancia, como a ara votiva de Vilar (Vilar-Ames) atribuída a Xunio Flacco, soldado da Legio VII Gemina, ou da lápida de Vilela (Troitosende), "e que podería tratarse da dedicatoria dun pai ao seu fillo" ou, na Baña, da estela de Vilacoba de Troitosende para os deuses manes. En Brión ubica a Vila de Cirro (Bastavales), descuberta no ano 1963 na finca de Tallas, que inclúe un mosaico e restos dun hipocaustum (forno de calefacción) dunha villae.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    06 abr 2015 / 20:29
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito